«O cinema é un acto de resistencia ou non é»

O domingo 18 de novembro en La esfera de papel do diario El Mundo gozamos das fermosas reflexións que Luis Martínez e Meritxell Colell ofrecen a partir de Con el viento.

Luis Martínez

«Como boa parte do cine ao que chama (de Joaquim Jordà a José Luis Guerín pasando por Erice ou pola caligrafía lene e fonda de Hou Hsiao-Hsien ou Naomi Kawase), Colell centra o reflexo do seu oficio nas marxes, nos lugares que permanecen. E insiste: "O cine é resistencia ou non é. Facer un eloxio da vida cotiá é un acto político". Ademais de íntimo. E así, Con el viento érguese diante dos ollos do espectador como o que é: unha fiestra desde a que non só observar senón, xa que estamos, transformar o mecanismo máis profundo del mundo. O noso».

Consulta o artigo completo premendo aquí.

Outras novas

  • O verso que dá título a Con el viento procede dun fermosísimo poema do gran cineasta iraniano Abbas Kiarostami. Ao igual que lle sucedeu a François Truffaut na elección do título de'Os 400 golpes, foron moitas as opcións baralladas por Meritxell Colell durante o proceso creativo. Aquí vos deixamos con parte do proceso que levou do inicial Tierras de soledad a Con el viento.

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.

  • Representante da Nova Onda do cinema portugués, que está a deixar pegada no panorama internacional de grandes festivais, Rita Azevedo Gomes mergúllase en Correspondencias na relación epistolar entre os poetas portugueses Sophia de Mello e Jorge de Sena. O filme indaga na desolación e enorme dor que provoca o exilio.