«A muller é o motor da creación»

Continúan publicándose magnificas críticas e entrevistas arredor da estrea de Con el viento. Neste caso facémonos eco da conversa entre a xornalista Beatriz Martínez (El Periódico) e a cineasta Meritxell Colell Aparicio, con suxestivas reflexións sobre o abandono do rural, a volta ás orixes ou o imaxinario feminino que conduce a acción e as emocións do filme.

Beatriz Martínez

Con el viento fala das ruínas do noso pasado, dun mundo que desaparece. Coido que non se lle deu suficiente voz no noso país ao mundo rural e a súa desaparición. O pobo que aparece no filme é o dos meus avós maternos, na zona de Las Loras, ao norte de Burgos, e eu fun testemuña desde pequena de como se ía perdendo un modo de vida. Toda a sabedoría da xeración dos nosos avós hase perder. Eles tiñan outra relación co mundo, coa natureza. E eu quería captar ese espazo e a súa esencia.

(...) Sempre tivo claro que ía ser unha historia enteiramente feminina? Sempre foi así, saiu de forma inconsciente, aínda é certo que a través da morte do pai/marido, esa ausencia masculina convértese nunha presenza moi forte e é o detonante de moitos conflitos e tamén de reconciliacións. Pero eu queríame centrar na relación nai e filla, que coido que é única. E sobre a herdanza desa relación. O meu imaxinario é enteiramente feminino, porque veño dunha familia na que dominan as mulleres. Logo intelectualizas isto e decátaste de que todos os alicerces son femininos: a casa, a nai, a terra, as raíces. E isto non é en van, a muller é o motor da creación.

Consulta a entrevista completa aquí.

Outras novas

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.

  • O verso que dá título a Con el viento procede dun fermosísimo poema do gran cineasta iraniano Abbas Kiarostami. Ao igual que lle sucedeu a François Truffaut na elección do título de'Os 400 golpes, foron moitas as opcións baralladas por Meritxell Colell durante o proceso creativo. Aquí vos deixamos con parte do proceso que levou do inicial Tierras de soledad a Con el viento.