«A novela de Musil ten moitos elementos dos nosos días»

O programa Días de Cine de TVE dedica unha magnífica reportaxe a A portuguesa, que inclúe unha entrevista con Rita Azevedo Gomes e un repaso á súa filmografía.

Virginia García

«Unha sucesión de tableaux vivants, de beleza serena pero arrebatadora (...) Un festín de beleza e sensibilidade ofrecido por unha muller en permanente idilio co cinema».

Accede á reportaxe completa premendo na imaxe superior ↑

Outras novas

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.

  • Co gallo da estrea en Francia d'O león dorme esta noite a revista Cahiers du Cinéma no seu número 739 publica este fermoso texto de Jean-Philippe Tessé sobre a película de Nobuhiro Suwa.

  • O verso que dá título a Con el viento procede dun fermosísimo poema do gran cineasta iraniano Abbas Kiarostami. Ao igual que lle sucedeu a François Truffaut na elección do título de'Os 400 golpes, foron moitas as opcións baralladas por Meritxell Colell durante o proceso creativo. Aquí vos deixamos con parte do proceso que levou do inicial Tierras de soledad a Con el viento.