«Un cinema do inaprensíbel», o DVD/Bluray de MIMOSAS en Caimán. Cuadernos de Cine

Xa se pode encontrar en kioskos e librarías o número de febreiro de Caimán. Cuadernos de Cine, no que se recomenda a edición especial en BluRay e DVD de Mimosas.

Jara Yáñez

No texto, Jara Yáñez incide na «capacidade (e preocupación) [de Oliver Laxe] para transmitir o puro, por buscar a fraxilidade do real en cada plano. En definitiva, lévanos de maneira directa á súa particular aposta por un cinema do inaprensíbel».

Podedes conseguir o voso exemplar deste exclusivo pack na vosa tenda de referencia ou online na Libraría NUMAX.

Outras novas

  • Iniciamos a publicación das notas de produción que percorren o apaixonante proceso creativo que deu lugar a O león dorme esta noite. Para comezar Suwa rememora, non sen certa emoción, o encontro co seu admirado Jean-Pierre Léaud.

  • Co gallo da estrea en Francia d'O león dorme esta noite a revista Cahiers du Cinéma no seu número 739 publica este fermoso texto de Jean-Philippe Tessé sobre a película de Nobuhiro Suwa.