Xa á venda a edición especial de «O león dorme esta noite» con 2 DVD + Libro

Xa podedes adquirir en tendas de todo o país a coidada edición especial d'O león dorme esta noite, última obra do xenial director xaponés Nobuhiro Suwa, estreada en salas españolas por NUMAX Distribución.

A edición inclúe o filme do gran director nipón subtitulado en español e galego, o seu tráiler oficial para España e unha estupenda selección de extras cos seguintes contidos:

  • A casa do terror, curtametraxe elaborada polos rapaces e rapazas participantes no filme.
  • Gravación das probas de cásting con Jean-Pierre Léaud e os nenos.
  • Masterclass ofrecida por Nobuhiro Suwa no Festival de San Sebastián de 2017.

Este espléndido pack complétase cun libro de 96 páxinas que inclúe catro textos de Nobuhiro Suwa:

  • Notas de produción do filme.
  • Polas posibilidades dun cinema que quizais ninguén precise.
  • Ola, Léaud!
  • Tratamento de guión d'O león dorme esta noite.

 

Outras novas

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.