Nas destacadas de Cinemanía

O león dorme esta noite comeza a tomar sitio nas principais revistas especializadas do país. Nas páxinas centrais de Cinemanía vemos o gran Jean-Pierre Léaud dando luz á agardada estrea de Nobuhiro Suwa.

Outras novas

  • Continúan publicándose magnificas críticas e entrevistas arredor da estrea de Con el viento. Neste caso facémonos eco da conversa entre a xornalista Beatriz Martínez (El Periódico) e a cineasta Meritxell Colell Aparicio, con suxestivas reflexións sobre o abandono do rural, a volta ás orixes ou o imaxinario feminino que conduce a acción e as emocións do filme.

  • A gran Rita Azevedo Gomes agradece ao Festival de Las Palmas o Lady Harimaguada de Ouro a Mellor Filme por A portuguesa. E faino cun vídeo tan divertido como conmovedor. Noraboa Rita!