«As imaxes son a pegada do real pero, ao mesmo tempo, son ilusións»

O director xaponés Nobuhiro Suwa reflexiona no artigo de Xesús Fraga para La Voz de Galicia sobre os segredos ocultos d'O león dorme esta noite, situada, a través dos espellos, no punto de encontro entre realidade e ilusión.

Xesús Fraga

«As imaxes son a pegada do real pero, ao mesmo tempo, son ilusións que non son reais. Coido que a forza do cinema reside no punto que separa estes dous polos extremos e é o que máis me interesa. Curiosamente, estes dous polos extremos non están separados, están pegados como as dúas caras dunha moeda. Por exemplo, a presenza imaxinaria dunha pantasma non se pode distinguir da presenza real dos seres vivos nun filme, todos os seres vivos poderían ser pantasmas no cinema. No mundo do cinema, as figuras reais son iguais, non se distinguen».

Podes ler a entrevista completa premendo aquí.

Outras novas

  • Ao seu paso polo Festival de San Sebastián O león dorme esta noite deixou prendado a boa parte de público e crítica. Aquí tedes as primeiras impresións tras o visionado de Luis Martínez para El Mundo.

  • Representante da Nova Onda do cinema portugués, que está a deixar pegada no panorama internacional de grandes festivais, Rita Azevedo Gomes mergúllase en Correspondencias na relación epistolar entre os poetas portugueses Sophia de Mello e Jorge de Sena. O filme indaga na desolación e enorme dor que provoca o exilio.

  • Iniciamos a publicación das notas de produción que percorren o apaixonante proceso creativo que deu lugar a O león dorme esta noite. Para comezar Suwa rememora, non sen certa emoción, o encontro co seu admirado Jean-Pierre Léaud.