Angela Schanelec

Angela Schanelec (Aalen – Alemania, 1962) inicia a súa carrera como actriz de teatro nas compañías Thalia Theatre de Hamburgo e Schaubühne de Berlín. A continuación estuda dirección na Academia Alemá de Cinema e Televisión, onde recibe clases do cineasta Harun Farocki e comparte promoción con Christian Petzold e Thomas Arslan, con quen forma a coñecida como Escola de Berlín. A súa obra como cineasta iníciase a mediados dos 90, creando un estilo propio e esencial que leva á crítica especializada a emparentala con autores da talla de Robert Bresson, Michelangelo Antonioni ou Chantal Akerman.

Os filmes de Angela Schanelec foron seleccionados en grandes festivales como Cannes, onde competiu na Sección Oficial - Un Certain Regard con Marseille (2004) e Plätze in Städten (1998) ou Locarno, en cuxa Sección Oficial participou con O camino soñado (2016). A consagración definitiva do cinema de Schanelec chegou con Estaba en casa, pero..., conquistando o Oso de Prata a Mellor Dirección na Berlinale, o Astor de Prata a Mellor Dirección en Mar del Plata e o Premio Zabaltegi-Tabakalera ao Mellor Filme en San Sebastián.

Unah obra palpitante que nos fala do dó, a maternidade e a incomunicación, coa que o cinema de Angela Schanelec chega por vez primeira ás pantallas do noso país. A partir do 17 de abril nos mellores cinemas da man de NUMAX Distribución.

Filmografía

1994 - Ich bin den Sommer über in Berlin geblieben
1995 – My Sister's Good Fortune
1998 - Plätze in Städten
2001 - Mein langsames Leben
2004 – Marseille
2010 – Orly
2016 – O camino soñado
2019 – Estaba en casa, pero...

Angela Schanelec (Foto: Joachim Gern)

Filmes