Eloy Enciso

Eloy Enciso (Meira - Lugo, 1975) fórmase en dirección cinematográfica na escola de San Antonio de los Baños, en Cuba, onde comparte promoción co director de fotografía Mauro Herce. Iníciase no campo da curtametraxe antes de debutar na longa con Pic-nic (2007), documental seleccionado e premiado en numerosos festivais. A consolidación internacional chégalle a Enciso en 2012 con Arraianos, estreado en Locarno e premiado a mellor filme en Buenos Aires (Vanguardia y Género) e Sevilla (Nuevas Olas), no que atoparemos xa os seus principais sinais de identidade: un coidado traballo con actores non profesionais e un singular tratamento das fontes literarias.

Tras sete anos de esmerado traballo, Enciso regresa con Longa noite, orixinal indagación na posguerra española que, apoiada nos textos de Max Aub, Alfonso Sastre ou Rodolfo Fogwill e un gran traballo de fotografía de Mauro Herce, dan lugar a un dos títulos clave de 2019. Tras recibir o premio da crítica especializada a Mellor Dirección en Locarno e pasar por algúns dos festivales máis importantes (Toronto, Nova York, Sevilla) chega a salas españolas unha obra que examina o noso pasado para permitirnos entender mellor o tempo presente.

Filmografía
Longa noite, 2019
Arraianos, 2012
Pic-nic, 2007
La clase, 2003 [curta]
Isa003, 2003 [curta]
Funk the Wheel, 2002 [curta]
No tan buena vista, 2002 [curta]

Filmes