Jean-Gabriel Périot

Nacido en Francia en 1974, Jean-Gabriel Périot realizou numerosas curtametraxes na fronteira do documental, o cinema experimental e a ficción. Périot desenvolve o seu propio estilo de montaxe co que se interroga arredor da violencia e a historia a partir de arquivos fílmicos e fotográficos. Os seus filmes, desde Dies Irae, Eût-elle étè criminelle..., Nijuman no borei (200.000 fantomes) ou The Devil foron premiadas en numerosos festivais de todo o mundo. A súa primeira longa, Une jeunesse allemande, inaugurou a sección Panorama da Berlinale 2015 antes de estrearse en salas e gañar numerosos premios. Lumières d'été, a súa primeira longa de ficción, tivo a súa presentación no Festival de San Sebastián. As nosas derrotas supuxo a consolidación definitiva do cineasta francés que, tras gañar o premio CICAE na Berlinale e Mellor Filme en L'Alternativa, debuta en salas españolas da man de NUMAX Distribución.

Filmes