Stefano Savona

Stefano Savona (Palermo, 1969) estudou Arqueoloxía e Antropoloxía en Roma e Cambridge e traballou como fotógrafo independente. En 1997, empezou a producir e dirixir documentais e videoinstalacións. A súa primeira longametraxe documental, Notes from a Kurdish Rebel, gañou o Premio do Xurado Internacional do festival Cinéma du Réel de París. A súa crónica íntima da guerra en Gaza, Cast Lead, alzouse co Premio Especial do Xurado no Festival de Locarno 2009.

En 2010 cofundou con Penelope Bortoluzzi Picofilms, a compañía coa que producíu as súas seguintes obras. Entre elas atópase Palazzo delle Aquile, galardoada co Gran Premio de Cinéma du Réel en 2011 e incluída na selección da ACID no Festival de Cannes, e Tahrir: Liberation Square que, tras ser presentada nos festivais de Locarno e Nova York, se estreou en salas francesas, gañando os premios David di Donatello e Nastro d'Argento ao mellor documental en Italia.

Stefano Savona

Filmes