Cabalo diñeiro
de Pedro Costa
Portugal
2014, 105 minutos, +7
Nos longos e silenciosos corredores dun hospital, avanza a figura trémula de Ventura, posuído por un soño febril. Lembra o seu Cabo Verde natal, que abandonou na súa xuventude para se gañar a vida en Lisboa, onde, ao igual ca os seus, viviu sempre desprazado. Vitalina, que viaxou a Portugal para asistir ao funeral do seu esposo, recórdalle a Ventura unha pelexa adolescente na que este acoitelou a outro home. Na mente de Ventura ábrese un pasadizo secreto entre a Lisboa actual e o 25 de abril de 1974. Mentres a revolución ruxe nas rúas, a xente busca a Ventura, perdido no bosque.

- Produción: OPTEC, Sociedade Óptica Técnica
- Elenco: Ventura, Vitalina Tavares Varela, Tito Furtado, Benvindo Tavares, António Santos, Alberto 'Lento' Barros, Pedro Tavares, Isabel Cardoso, António Semedo, Luiz Mendonça, Arlindo Pina
- Idioma orixinal: Crioulo caboverdiano
- Subtítulos: Español e galego
Calificación: +7
Formatos dispoñibles para exhibición: DCP, BluRay, DVD, Digital File
Queres proxectar este filme? É moi doado. Só tes que cubrir este formulario, indicando cando e onde terá lugar a proxección e nós contactaremos contigo cos detalles para confirmar a reserva.
* Campo obrigatorio