Estaba na casa, pero...

de

Alemaña, Serbia

2019, 105 minutos, +7

Astrid vive en Berlín canda os seus dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe de casa...

A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia.

Cartel de Estaba na casa, pero...
  • Produción: Nachmittagfilm, Dart Film & Video Doo
  • Elenco: Maren Eggert, Jakob Lassalle, Clara Möller, Franz Rogowski, Lilith Strangenberg, Alan Williams, Jirka Zett, Dane Komljen
  • Idioma orixinal: alemán
  • berlin
  • zabaltegi
  • NY
  • mardeplata
  • TIFF