Política de cookies

Que é unha cookie?

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. Serve para que a web lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, e así teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.

Para os efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás cookies, como local storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), teñen a mesma regulamentación.

Que información gardan?

As cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, o teu acceso como usuario etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e ás túas necesidades. Sen cookies, os servizos que ofrecen as webs veríanse eivados notablemente.

As cookies non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito nin datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa tes visto, páxinas que visitas etcétera.

Por outra parte, esta información que gardan non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu ordenador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co ordenador e probas a facelo co móbil, ou se mudas de navegador, comprobarás que a web non se dá conta de que es a mesma persoa e vas ter que escoller idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras no outro dispositivo. Ou sexa, a cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non de que é o humano que está detrás.

Que cookies emprega esta web?

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos indicámosche as cookies que emprega esta web.

Esta web utiliza as seguintes cookies propias:

  • numax_distribucion, unha cookie técnica que identifica o idioma no que estás navegando e serve de almación para mostrarche información durante a túa interacción coa páxina e os seus elementos,
  • XSRF-TOKEN, unha cookie de sesión para almacenar un código de verificación e axudarnos a previr ataques de tipo CSRF,
  • cookiebar, unha cookie de personalización que recorda que aceptaches as cookies na web.

E mais estas cookies de terceiros:

  • distribucion.numax.org _ga, de Google Analytics, que se emprega para diferenciar entre usuarios e sesións. Esta cookie actualízase cada vez que envía os datos a Google Analytics e ten unha duración de 2 anos.
  • distribucion.numax.org _gat, de Google Analytics, que se emprega para diferenciar entre os diferentes obxectos de seguimento creados na sesión. Esta cookie actualízase cada vez que se envían os datos a Google Analytics e ten unha duración de 15 minutos.

Queres evitar as cookies?

Podes restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de calquera web que utilices se configuras o teu navegador. En cada navegador, a operativa que tes que seguir é diferente, pero a función de 'Axuda' do seu soporte técnico amosarache como facelo en cada un destes casos:

Tes máis dúbidas sobre as cookies nesta web?

Para calquera dúbida ou consulta sobre o uso de cookies nesta web, non o penses máis e contáctanos.

Tipos xenéricos de cookies

Por entidade cesora do dominio

  • Cookies propias: as xeradas pola propia páxina que estás a visitar.
  • Cookies de terceiros: aquelas xeradas por servizos ou provedores externos, como Facebook, Twitter, Google etcétera.

Pola súa permanencia

  • Cookies de sesión: desde que entras nunha web ata que saes dela.
  • Cookies persistentes: as que quedan gardadas para vindeiras visitas.

Pola súa finalidade

  • Cookies técnicas, as máis elementais, que permiten entre outras cousas saber cando está navegando un humano e cando unha aplicación automatizada, cando navega un usuario anónimo e un rexistrado etcétera. É dicir, tarefas básicas para o funcionamento de calquera web dinámica.
  • Cookies de personalización, que recollen as túas preferencias de uso como, por exemplo, a lingua que escolliches para navegar na web.
  • Cookies de análise, que recollen información sobre o tipo de navegación que estás a realizar, as seccións que máis empregas, os produtos consultados, a franxa horaria de uso, o idioma etc.
  • Cookies de publicidade, que che presentan publicidade en función do teu navegador, do país desde onde te conectas, do idioma que tes marcado como preferente etcétera.
  • Cookies de publicidade comportamental, que recadan información sobre os gustos e intereses que demostras durante a navegación da web e amosan os anuncios que máis se axeitan a eles.

Información complementaria e xenérica sobre cookies

A responsabilidade sobre a privacidade e sobre o contido das cookies de terceiros é deses terceiros. Númax non é responsable delas.

Tampouco é responsabilidade de Númax que os navegadores eliminen ou desactiven correctamente as cookies cando llelo pides: eles son os encargados de facelo.

Nalgúns casos pode darse o caso de que cada vez que entres nunha web vexas o aviso de cookies. Iso é porque quen controla que decidiches non aceptar as cookies é precisamente unha cookie, aínda que pareza un paradoxo.