Quen somos

NUMAX Distribución comeza a súa actividade en 2015, ocupándose da área de distribución cinematográfica da cooperativa NUMAX. Desde xaneiro de 2019 a súa actividade é exercida de forma independente.

O noso labor editorial caracterízase por un coidado traballo de selección, estreando un número limitado de títulos cada ano. Procuramos filmes que sempre achegan algo novo ao cinema, que despois de velos continúen a remoer en nós, que durante a proxección esperten sensacións ou ideas que nos eran antes descoñecidas.

Ten para nós algo de privilexio poder contar coa confianza de cineastas que admirabamos antes de nos dedicar profesionalmente á distribución cinematográfica e lograr visibilizar os seus filmes no territorio español. Asumimos como un reto traballar con novos e novas cineastas e estrear os seus primeiros filmes no circuíto de exhibición comercial, acompañándoas no inicio da súa traxectoria.