Filmes

Caderno

No seu número de setembro, a revista Caimán Cuadernos de Cine publica unha listaxe na que Oliver Laxe revela cales son os dez filmes da súa vida. Un top ten para tomar nota e gozar das obras mestras que inspiraron o autor d'O que arde.

Compartimos a impresionante entrevista realizada por Alberto Lechuga e Daniel de Partearroyo á gran directora lisboeta Rita Azevedo Gomes, na que ademais de analizar o proceso creativo d'A portuguesa, rememóranse os anos de formación e aprendizaxe da cineasta.