Tres irmás viven na casa familiar sen presenza adulta, tras o falecemento da avoa. Non pasa nada, non suceden grandes acontecementos nin as conversas entre elas albergan temas trascendentes. Pero a través do modo en que se moven, en que se relacionan co decorado da casa e o xardín, o filme acaba bosquexando un retrato colectivo e varios individuais, dun grupo familiar marcado polo desamparo e a ausencia, un tema que se repite amplificado en La idea de un lago. Falta aire, en efecto, que circule en medio desas relacións entre as que non cabe a sinceridade, quizais porque a súa aparición tampouco significaría nada. E Mumenthaler manexa todos eses elementos coa mesma distancia que aparece entre os cuorpos, pero tamén deixando entrever a fraxilidade, a quebra emocional que agochan eses personaxes aparentemente fríos e indolentes.
Accede ao texto completo en Sensacine.