Con el viento fala das ruínas do noso pasado, dun mundo que desaparece. Coido que non se lle deu suficiente voz no noso país ao mundo rural e a súa desaparición. O pobo que aparece no filme é o dos meus avós maternos, na zona de Las Loras, ao norte de Burgos, e eu fun testemuña desde pequena de como se ía perdendo un modo de vida. Toda a sabedoría da xeración dos nosos avós hase perder. Eles tiñan outra relación co mundo, coa natureza. E eu quería captar ese espazo e a súa esencia.
(...) Sempre tivo claro que ía ser unha historia enteiramente feminina? Sempre foi así, saiu de forma inconsciente, aínda é certo que a través da morte do pai/marido, esa ausencia masculina convértese nunha presenza moi forte e é o detonante de moitos conflitos e tamén de reconciliacións. Pero eu queríame centrar na relación nai e filla, que coido que é única. E sobre a herdanza desa relación. O meu imaxinario é enteiramente feminino, porque veño dunha familia na que dominan as mulleres. Logo intelectualizas isto e decátaste de que todos os alicerces son femininos: a casa, a nai, a terra, as raíces. E isto non é en van, a muller é o motor da creación.
Consulta a entrevista completa aquí.