A edición inclúe o filme do gran director nipón subtitulado en español e galego, o seu tráiler oficial para España e unha estupenda selección de extras cos seguintes contidos:
- A casa do terror, curtametraxe elaborada polos rapaces e rapazas participantes no filme.
- Gravación das probas de cásting con Jean-Pierre Léaud e os nenos.
- Masterclass ofrecida por Nobuhiro Suwa no Festival de San Sebastián de 2017.
Este espléndido pack complétase cun libro de 96 páxinas que inclúe catro textos de Nobuhiro Suwa:
- Notas de produción do filme.
- Polas posibilidades dun cinema que quizais ninguén precise.
- Ola, Léaud!
- Tratamento de guión d'O león dorme esta noite.