Nas destacadas de Cinemanía

O león dorme esta noite comeza a tomar sitio nas principais revistas especializadas do país. Nas páxinas centrais de Cinemanía vemos o gran Jean-Pierre Léaud dando luz á agardada estrea de Nobuhiro Suwa.

Outras novas

  • A gran Rita Azevedo Gomes agradece ao Festival de Las Palmas o Lady Harimaguada de Ouro a Mellor Filme por A portuguesa. E faino cun vídeo tan divertido como conmovedor. Noraboa Rita!

  • Co gallo da estrea en Francia d'O león dorme esta noite a revista Cahiers du Cinéma no seu número 739 publica este fermoso texto de Jean-Philippe Tessé sobre a película de Nobuhiro Suwa.

  • A petición da Revista Fotogramas o director d'O león dorme esta noite elaborou unha listaxe con 10 títulos fundamentais da historia do cinema que o marcaron no seu proceso creativo. Tomade boa nota!