«Non diga bela, repita comigo: belísima»

Ao seu paso polo Festival de San Sebastián O león dorme esta noite deixou prendado a boa parte de público e crítica. Aquí tedes as primeiras impresións tras o visionado de Luis Martínez para El Mundo.

Luis Martínez

«O león dorme esta noite é outra cousa. (...) Nobuhiro Suwa, veterano dos cenáculos (sexa isto o que sexa) de Cannes e o nome máis arty de cantos figuraban no programa deste ano, quere reflexionar sobre asuntos tales como a inocencia quizais perdida do cinema. Soa lírico e, en efecto, éo. Di o personaxe de Jean-Pierre Léaud (un actor vello, canso e moi namorado) que como intérprete morreu tantas veces en cada un dos seus papeis que non sabe xa, en realidade, como morrer.

E en efecto, a fita busca cunha precisión preto do milagro o momento apenas perceptíbel no que a imaxe vive na súa máis radical naturalidade, na súa máis enxordecedora beleza. Suwa relata o traballo dun grupo de nenos que xoga a filmar unha película de terror da que o noso heroe é protagonista e até pantasma. E é aí, nese xogo de espellos de cinema que devora cinema, onde o director compón algo moito máis ca unha simple homenaxe ao cinema, ca unha simple reflexión metalingüística. O que importa é o fulgor apenas perceptíbel dun instante de verdade e, así de triste, de morte (...) Non diga bela, repita comigo: belísima».

Outras novas

  • Representante da Nova Onda do cinema portugués, que está a deixar pegada no panorama internacional de grandes festivais, Rita Azevedo Gomes mergúllase en Correspondencias na relación epistolar entre os poetas portugueses Sophia de Mello e Jorge de Sena. O filme indaga na desolación e enorme dor que provoca o exilio.

  • Co gallo da estrea en Francia d'O león dorme esta noite a revista Cahiers du Cinéma no seu número 739 publica este fermoso texto de Jean-Philippe Tessé sobre a película de Nobuhiro Suwa.