«O león dorme esta noite» — Notas de produción #02

Continuamos co vibrante relato co que Nobuhiro Suwa rememora os primeiros pasos d'O león dorme esta noite canda a fértil presenza de Jean-Pierre Léaud.

Nobuhiro Suwa

«Á mañá seguinte ao encontro con Jean-Pierre espertei moi cedo e paseei polas rúas de La Roche-sur-Yon. Os viandantes ían e viñan. Se Jean-Pierre camiñase entre a multitude, a quen se parecería? Imaxinaba a escena. Tiña a sensación que mesmo sen facer nada máis que camiñar, a súa simple presenza introduciría unha certa distorsión no espazo e isto conduciríanos cara ao irreal. Por exemplo, se fixésemos intervir a Charlot nunha película contemporánea el destruiría a coherencia do filme. Do mesmo xeito, Jean-Pierre non é un actor que se deixe situar docilmente nunha paisaxe. Detectei unha poesía potencial nesta distorsión e isto deume ainda máis gañas de capturar a súa presenza cunha cámara. Pensaba que ao filmalo podería tocar unha imaxe que non coñecera xamais.

Propúxenlle que pensáramos xuntos a idea dun filme. Uns meses máis tarde volvémonos ver en París. Eu aínda non tiña unha idea precisa, pero el agardaba con impaciencia que conversáramos xuntos.»

Outras novas

  • Compartimos a impresionante entrevista realizada por Alberto Lechuga e Daniel de Partearroyo á gran directora lisboeta Rita Azevedo Gomes, na que ademais de analizar o proceso creativo d'A portuguesa, rememóranse os anos de formación e aprendizaxe da cineasta.

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.