«O león dorme esta noite» — Notas de produción #03

Terceira das 5 notas de produción elaboradas por Nobuhiro Suwa na confesa que o seu desexo de traballar con nenos e nenas foi un dos motores do proxecto.

Nobuhiro Suwa

O comezo do proxecto remóntase a hai 5 anos. Nesa época non tiñamos unha idea concreta. Pero tiñamos un desexo secreto. En 2009, cando estreamos Yuki & Nina, Etsuko Dohi de Cinémonde propuxérame intervir nos talleres de cinema que ela organizaba no marco do «Children Meet Cinema». O programa destes talleres era moi audaz: os nenos debían realizar unha película en 3 días. Aceptei a proposta sen pensalo moito e vivín finalmente unha experiencia moi estimulante. Era como redescubrir de novo o cinema. Desde entón repetín a experiencia varias veces con novas sorpresas e descubrimentos. Isto deume ganas de facer nalgún momento un filme con niños. Non simplemente gravalos como actores, senón imaxinar unha historia e gravala con eles, unha historia sen predefinir, como fixo Apichatpong Weerasethakul en Mysterious Object at Noon. Eu soñaba vagamente cunha aventura similar. Unha vez que arrancamos co proxecto d'O león, volvín pensar nesta idea e levoume a imaxinar unha película cun vello e uns nenos. A miña produtora, Michiko Yoshitake, interesouse na idea de elaborar un guión que recollese o taller de cinema. Contactamos diferentes organismos que puidesen darlle acollida ao proxecto. No verán de 2015 visitamos algúns organismos de Burdeos e Marsella e finalmente encontramos a Escola de teatro e cinema Gérard Philippe. Grazas á contribución de Claire Moigno, a representante da escola, conseguimos involucrar a unha vintena de nenos. Estaban interesados non só en actuar senón tamén na idea de crear. Lanzámonos a traballar nos talleres de Peymeinade sen saber a que se ía parecer o noso filme.

Outras novas