«O león dorme esta noite» — Notas de produción #04

Penúltima das fermosas notas produción elaboradas por Nobuhiro Suwa que explican moitos dos achádegos d'O león dorme esta noite. Nesta ocasión fálanos dos talleres cos mozos realizadores da película e a máxica aparición de Jean-Pierre Léaud.

Nobuhiro Suwa

Entre finais de 2015 e inicios de 2016, organizamos tres talleres cunha vintena de nenos nun pequeno pobo do sur de Francia, Peymeinade. Durante o primeiro taller, os nenos imaxinaron historias. Observaron unha vella casa abandonada e reflexionaron sobre o que pasaría se alí se atopasen cun señor maior. O segundo taller foi o da rodaxe. Procedemos de maneira similar ao «Children Meet Cinema» xaponés, dividimos aos mozos en varios grupos e cada grupo filmou unha película durante tres días. Durante o terceiro taller, os nenos atopáronse con Jean-Pierre Léaud tras a proxección d'Os 400 golpes.

 

Eu presentábaos dicíndolles que se encontraba no filme. Eles en voz baixa preguntábanme: «E que papel facía?» No seguinte levaron a cabo a presentación dos personaxes ficticios que imaxinaran. Jean-Pierre escoitábaos con tenrura. Ao día seguinte, tras a presentación deste exercicio, Jean-Pierre, que estaba sentado, ergueuse de súpeto comezou a actuar cos nenos. Véndlo comecei a pensar na historia d'O león dorme esta noite.

Outras novas

  • Compartimos a impresionante entrevista realizada por Alberto Lechuga e Daniel de Partearroyo á gran directora lisboeta Rita Azevedo Gomes, na que ademais de analizar o proceso creativo d'A portuguesa, rememóranse os anos de formación e aprendizaxe da cineasta.

  • Representante da Nova Onda do cinema portugués, que está a deixar pegada no panorama internacional de grandes festivais, Rita Azevedo Gomes mergúllase en Correspondencias na relación epistolar entre os poetas portugueses Sophia de Mello e Jorge de Sena. O filme indaga na desolación e enorme dor que provoca o exilio.

  • O verso que dá título a Con el viento procede dun fermosísimo poema do gran cineasta iraniano Abbas Kiarostami. Ao igual que lle sucedeu a François Truffaut na elección do título de'Os 400 golpes, foron moitas as opcións baralladas por Meritxell Colell durante o proceso creativo. Aquí vos deixamos con parte do proceso que levou do inicial Tierras de soledad a Con el viento.