«Creo que estamos esquecendo o noso lado irracional. Eu son moi intuitiva; gústame deixar que agrome o irracional na escena. Por moito que teña pensado, ou reflexionado, finalmente é a intuición o que me guía. E gústame explorar que é posíbel dentro do irreal.
(...) Todo é composición! Todo o que hai un filme é composición, é como unha música. Para conseguir unha certa variedade ou unha suxestión de verdade, tes que compoñer como se fose unha escritura cinematográfica. Partindo deste presuposto, todo o que inclúes na imaxe é unha composición: os personaxes, os actores, o vestiario, a luz, o movemento, as cores.
(...) Manoel de Oliveira non era o meu mestre: era o meu amigo. Con el non se falaba de cinema, facíalo. Eu estaba alí para absorber todo (...). É fantástico estar ao servizo de alguén con quen te identificas tanto e ao que queres axudar honestamnte. Manoel de Oliveira, João Benard da Costa, toda esta xente xa partiu. Agora tócanos devolver o que recibimos.
Consulta a entrevista completa en SoFilms, abril 2019, #60