«Experimento porque o cinema actual é aburrido»

Representante da Nova Onda do cinema portugués, que está a deixar pegada no panorama internacional de grandes festivais, Rita Azevedo Gomes mergúllase en Correspondencias na relación epistolar entre os poetas portugueses Sophia de Mello e Jorge de Sena. O filme indaga na desolación e enorme dor que provoca o exilio.

Javier Yuste | El Cultural

Rita Azevedo Gomes é unha das heredeiras do tótem do cinema portugués Manoel de Oliveira, do que foi colaboradora, e representante dunha Nueva Onda de cineastas lusos -entre os que se encontran João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes ou Joaquim Pinto- que están a deixar a súa impronta no panorama internacional de grandes festivais. En Correspondencias realiza un exercicio de absoluta liberdade que mestura formatos e xéneros para entregar un ensaio fílmico sobre a desolación do exilio.

Foi complicado encontrar a forma para o filme? Si, tiven moitas dúbidas ao respecto. Se me tivese apoiado de máis nas cartas tería sido moi aburrido. Non sabía como adaptalo á pantalla. A idea inicial non ten nada que ver co que acabou sendo o filme. Sempre tiven claro que debían aparecer moitas persoas porque as cartas, no momento da publicación do libro, abríronse a todo o mundo. Porén, foi o inesperado curso da vida o que me levou a encontrar a forma adecuada.

A que se refire? Nese intre estaba a atravesr unha enfermidade grave e vinme obrigada a viaxar a París con regularidade para afrontar un tratamento moi agresivo. Por outro lado foi unha marabilla porque me permitiu reencontrarme con amigos que non vía desde hai 30 anos, como Pierre Léon ou Eva Truffaut, que participaron no filme. Viaxaba a París todas as semanas un par de días cargada cos medicamentos e a cámara. O primeiro día pasábao no hospital e preparaba co iPhone a rodaxe do día seguinte, adaptándome ás persoas que tiñan o día libre. E en Portugal o proceso foi parecido. A rodaxe durou tres anos e non sei se foi o traballo o que me devolveu a saúdo ou os hospitais. Por iso o filme é unha mestura entre a miña vida e as ganas de adaptar estes textos de diversas formas.

"Fixen 23 versións até que me decatei de que tiña que parar"

Foi complexa a montaxe do filme? Si, porque non había un guión fixo. Tiña seleccionado moitos textos e comezaba a montar en canto os rodaba porque tiña que atopar un camiño e este non podía ser meramente cronolóxico. Afronteiro soa por vez primeira na miña vida e tiña infinitas posibilidades de articular todos eses fragmentos. Custoume un enorme traballo atopar unha forma satisfactoria. Fixen 23 versións até me decatei de que tiña que parar.

No filme mestúranse formatos de imaxe... Nun momento concreto decateime de que estaba a reflexionar sobre o que sucede hoxe no cinema, Ao igual que estaba a facer cos textos, quería aproveitar todos os recursos audiovisuais que estaban ao meu alcance para ver até que puntos estes coincidían sen entrar en conflito, por exemplo imaxes en Super 8 e en 16:9. Coido que aí agroumou iso tan fuxidío que é a inspiración porque non sabía que facer, e atopei algo que me parecía verdadeiro. Gústame experimentar porque estou aburrida das cousas parecidas que se fan hoxe en día.

Cara a que temas inesperados se abriu o file? Estaba moi conectada coa realidade, con todo o que pasa no mundo agora. Mentres lía as cartas pensaba que Sophia e Jorge estaban a falar do presente. A realidade é moi estraña e por iso coido que tento representala para enxergala mellor. Algo tan afastado como unha carta de hai 60 anos pode axudarche a descifrar o mundo de hoxe. Portugal liberouse hai anos dun rexime sinistro mais o munto está hoxe entrando nunha dinámica bastante triste co que pasa en EEUU ou en Corea do Norte. A xente está continuamente a pensar no pasado e non no futuro.

Outras novas

  • Agora, Abrir puertas e ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.