«As imaxes son a pegada do real pero, ao mesmo tempo, son ilusións que non son reais. Coido que a forza do cinema reside no punto que separa estes dous polos extremos e é o que máis me interesa. Curiosamente, estes dous polos extremos non están separados, están pegados como as dúas caras dunha moeda. Por exemplo, a presenza imaxinaria dunha pantasma non se pode distinguir da presenza real dos seres vivos nun filme, todos os seres vivos poderían ser pantasmas no cinema. No mundo do cinema, as figuras reais son iguais, non se distinguen».
Podes ler a entrevista completa premendo aquí.