«Non son un director dos que están sentados con megáfono dando ordes»

No seu paso polo Cinema NUMAX, o director xaponés Nobuhiro Suwa conversou con Carmen Villar (Faro de Vigo) sobre a súa traxectoria artística, a relación co cinema francés ou a súa maneira de traballar cos actores.

Nobuhiro Suwa

- Como é o Suwa director?

- A maioría dos directores coñecidos, como Akira Kurosawa e outros occidentais, adoitan ter na súa cabeza unha imaxe moi concreta e completa do filme que queren facer, que están a facer, e eu non son así. Quero ser un cero, nada, e que as cousas xordan. Ben, teño que escoller un equipo, bos actores, pero quero, antes, durante e despois, estar á marxe observando o que saia de aí. Non teño todo o filme na miña cabeza. Pasa cos pintores. Os clásicos teñen unha imaxe moi clara do que están a pintar e só teñen que facelo, pero hoxe en día algúns quizais non teñan as ideas tan claras e de aí pode saír algo interesante tamén. Unha imaxe típica dos grandes directores é sentados co megáfono mandando pero hoxe en día moitos directores ou pintores ou artistas son catalizadores ou intermediarios de algo. Non o queren controlar todo, deixan que flúa.

Descarga o artigo completo premendo aquí.

Outras novas

  • Agora, Abrir puertas y ventanas revélase como algo aínda máis significativo que no momento da súa estrea mundial: película intimista pero non pechada sobre si mesma, tráta á vez da culminación dun certo novo cinema arxentino —con todos os matices e diferenzas, o que vai de Lisandro Alonso a Matías Piñeiro, de Lucrecia Martel a Celina Murga— e da súa apertura cara a outros horizontes.

  • Penúltima das fermosas notas produción elaboradas por Nobuhiro Suwa que explican moitos dos achádegos d'O león dorme esta noite. Nesta ocasión fálanos dos talleres cos mozos realizadores da película e a máxica aparición de Jean-Pierre Léaud.