-
«Os Irmáns Louis e Auguste Lumière déronme moita inspiración e aínda seguen a darma». Na imaxe a primera película da historia do cinema, A saída dos obreiros da fábrica, proxectada no número 14 do Boulevard des Capucines de París, o 28 de decembro de 1895.
-
Unha partida de campo (Jean Renoir, 1936): «Éncheme de felicidade e case me fai chorar tan só con ver a luz que muda cada momento na pantalla, os movementos das árbores e da superficie da auga. Aprecio a beleza da emoción producida pola conexión coa natureza.»
-
Contos da lúa pálida de agosto (Kenji Mizoguchi, 1953): «No cinema hai cousas que non se deben ver, non se poden debuxar ou expresar, non embargantes a beleza que crea Mizoguchi non existiría se el non tivese medo ou horror cara a esas cousas».
-
Os 400 golpes (François Truffaut, 1959): «Deume moito ánimo pare comezar a crear. Para min foi a primeira obra na que os nenos, coas súas propias mans, encontraban o seu lugar na película.»
-
Vivir a súa vida (Jean Luc Godard, 1962): «Deume esperanza. Unha película non nolo ensina todo, hai cousas que non se ensinan e non se ven, e por iso podemos recuperar a conexión co mundo que temos perdido.»
-
Faces (John Cassavetes, 1968): «Sorprendeume moito que se poida expresar como é o ser humano; tan tráxico, tan ridículo, tan caótico e tan tolo, e todo iso confiando na capacidade dos actores.»
-
A mamá e a puta (Jean Eustache, 1973): «Sentín unha esperanza de que o cinema non é un mundo de mentiras, senón que ten que ver coa miña vida e co mundo real en que vivimos.»
-
El espíritu de la colmena (Víctor Erice, 1973): «Impresionoume a mirada de Ana. A nena encontra a fin do mundo, a crueldade. Tnta atravesar o mundo como se a súa mirada fose unha cámara ou a película mesma.»
-
Typhoon Club (Shinyi Somai, 1985), a más descoñecida en occidente de todas as propostas: «Deume forza para facer películas cuando era estudante e estaba desesperado co cinema xaponés. Os movementos e expresións de mozos que aínda son inestábeis emocionalmente invaden o filme.»
-
Cabalo diñeiro (Pedro Costa): «Un traballo moi estrito, como se afinase unha guitarra con sumo coidado. O filme abre a porta a outras persoas coas que convive. Velaquí unha nova postura dos seres humanos que fan películas e dos seres humanos que as ven.»
Os 10 filmes favoritos de Nobuhiro Suwa
A petición da Revista Fotogramas o director d'O león dorme esta noite elaborou unha listaxe con 10 títulos fundamentais da historia do cinema que o marcaron no seu proceso creativo. Tomade boa nota!
