Meritxell Colell

Meritxell Colell (Barcelona, 1983) encabeza xunto a Carla Simón ou Elena Martín a nova xeración de talentosas cineastas catalás. Formada en Comunicación Audiovisual na Pompeu Fabra, Colell completa estudos na Universidad del Cine de Buenos Aires. Neste período de formación inicia unha fecunda carreira como montadora que combina co seu labor docente en “Cinema en Curs”, un proxecto pedagóxico pioneiro que comparte cos cineastas Jonás Trueba, Mercedes Álvarez ou a propia Carla Simón.

En 2015, Meritxell Colell é seleccionada por La Cinéfondation do Festival de Cannes, un espazo para a consolidación de novos talentos no que teñen despuntado directores da talla de Laszlo Nemes (O fillo de Saúl), Lucrecia Martel (Zama), Sebastián Lelio (Una mujer fantástica) ou Jaime Rosales (La soledad, Petra). Alí toma corpo a súa opera prima, Con el viento, unha delicada disección das relacións humanas e os lazos familiares emprazada nunha maxestosa contorna rural que se resiste a desaparecer. Protagonizada por catro actrices en estado de graza, a bailarina Mónica García, Concha Canal, Elena Martín (Júlia Ist) e Ana Fernández (Goya á Mellor Actriz Revelación por Solas), Con el viento tivo a súa estrea na Berlinale e triunfou no Festival de Málaga coa Biznaga de Prata á Mellor Película de Zonazine. O 23 de novembro, da man de NUMAX Distribución, chega ás sañas o magnífico debut de Meritxell Colell, que promete atrapar e emocionar aos espectadores deste país.

Meritxell Colell

Filmes