Pedro Costa

Pedro Costa (Lisboa, 1959) ingresa moi nova na Escola Superior de Teatro e Cine de Lisboa onde recibe aulas de António Reis, un histórico do cinema portugués e influenza confesa do cineasta. Na súa primeira longametraxe, O Sangue (1989), anuncia xa algunhas das súas características esenciais, cunha linguaxe austera e aberto á experimentación e un marcado laconismo narrativo. A súa segunda obra, Casa de Lava (1994), estréase no Festival de Cannes e nela ten lugar unha primera aproximación á comunidade de inmigrantes procedente das antigas colonias portuguesas. Xa en 1997, inaugura unha inesquecíbel triloxía sobre o barrio de Fontainhas, en Lisboa, habitado maioritariamente por inmigrantes caboverdianos. A obra de Costa experimenta aquí unha profunda transformación que o leva a abandonar o dispositivo clásico de Ossos (1997) e optar por unha pequena cámara de vídeo para gravar No cuarto de Vanda (2000), a súa primeira obra mestra, multipremiada en festivais como Cannes, Locarno, Yamagata ou Cinéma du Réel. En Xuventude en marcha (2006) emerxe a figura de Ventura, obreiro caboverdiano xubilado que acada a súa expresión máis crúa e estilizada en Cabalo diñeiro (2014).

Imaxe: Óscar Fernández Orengo

Filmes