Con el viento
de Meritxell Colell
España, Arxentina, Francia
2018, 104 minutos, Todos os públicos
Mónica (Mónica García) é bailarina en Buenos Aires. Recibe unha chamada da sua irmá Elena (Ana Fernández): seu pai está moi enfermo. O regreso á casa familiar dun pobo de Burgos reabre antigas feridas e permite sanar outras. Mónica vive de novo coa súa nai (Concha Canal) despois de anos distanciada, xuntas terán que vender a casa e Elena, que desde Barcelona mantivo os lazos familiares todo este tempo, vese relegada. Mónica refúxiase no que mellor coñece, a danza, para reconciliarse cunha vida e un espazo que deixou atrás. A complicidade de Berta (Elena Martín), a máis nova da familia, axudará a renovar os vínculos entre estas catro mulleres.
Ver na casa
- Produción: Polar Star Films, Habitación 1520, Paraiso Production
- Elenco: Mónica García, Concha Canal, Elena Martín, Ana Fernández
- Idioma orixinal: Español
Ver na casa
Calificación: Todos os públicos
Formatos dispoñibles para exhibición: DCP, BluRay
Queres proxectar este filme? É moi doado. Só tes que cubrir este formulario, indicando cando e onde terá lugar a proxección e nós contactaremos contigo cos detalles para confirmar a reserva.
* Campo obrigatorio