Nos défaites

de

Francia

2019, 96 minutos, pendente

Que forzas nos quedan para afrontar o caos do presente? Nos défaites ofrece un retrato da nosa relación coa política a través dun xogo de reinterpretación, a cargo de estudantes de secundaria, de extractos de filmes do Maio do 68, combinado con entrevistas destes mozos actores. Como perciben eles o mundo no que medran? E, sobre todo, quererán mudalo, destruílo ou construír un novo?

Cartel de Nos défaites
  • Produción: Envie de tempête
  • Elenco: Swann Agha, Natasha Andraos, Ghaïs Bertout-Ourabah, Jackson Ellis, Julie Escobedo, Rosalie Magnan, Alaa Mansour, Marine Rouie, Floricia Yamondo, Martin Zellner
  • Idioma orixinal: francés