A portuguesa

de

Portugal

2018, 136 minutos, Todos os públicos

Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos. A señora von Ketten le, canta, soña, baila, nada, cabalga no bosque á espera de poder regresar ao xogo do amor. Conseguirá a portuguesa vencer onde a morte parece querer entrar? Inspirada no conto Die Portugiesin, de Robert Musil con diálogos de Agustina Bessa-Luís.

Cartel de A portuguesa
  • Produción: Basilisco Filmes
  • Elenco: Clara Riedenstein, Marcello Urgeghe, Ingrid Caven, Rita Durão, Pierre Léon
  • Idioma orixinal: Portugués, alemán, francés
  • Subtítulos: Galego, español
  • Las Palmas
  • Berlin
  • mardeplata