Quen somos

NUMAX Distribución, nacida en 2015, é a área de NUMAX, S. Coop. Galega (unha sala de cinema, unha libraría e un laboratorio de gráfica, vídeo e comunicación) coa misión de incorporar ás salas de cinema e demais redes e fiestras de exhibición comercial do territorio español, unha selección especialmente coidada do cinema de autor independente contemporáneo.

O noso catálogo está formado por títulos de referencia, así como por novas propostas nas que traballamos, en cercana complicidade coas cinestas que acollemos, para lles proporcionarmos a máxima visibilidade dentro dos diferentes circuítos de exhibición.